Fonte da Barca

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Na Barca (Meá), a 5m. do lavadoiro situamos a” Fonte da Barca”. A herba cubre totalmente o carreiro que conduce ao recinto, ao que accedemos baixando 4 chanzos. De fronte nos atopamos unha estrutura de 2,90m. de largo e 1,54m. de alto. O estanque mide 0,85m. de largo e 0,73m. de ancho. En tempo de choivas a auga depositada chega a 0,60m. de profundidade. Dous canos practicados sobre unha pedra de granito, verten a auga directamente no recinto. Con abundante vexetación no seu entorno , a fonte está en bo estado de conservación, aínda que a auga non é apta para o consumo.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido.
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Vicente de Meá

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte do Roufeiro
Reguengo: Patrimonio real (Palabra de orixe latino). No Reguengo (Rilo), na parroquia de Meá, situamos a “Fonte do Ro
Fonte da Rega
A fonte da Rega, está situada fronte ao parque da Rega, a 70m. do lavadoiro do mesmo nome. Esta fonte ten unha antigüid
Fonte do Casal
Situada no lugar de “O Casal”, en Mugardos, está a 80m. do lavadoiro. Unha inscrición na parte frontal dificilmente visi
Fonte vella
A Fonte Vella está localizada no lugar de Esteirón, na parroquia de Meá. Os veciños maiores do lugar nos comentan que na