Fonte do Casal

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Situada no lugar de “O Casal”, en Mugardos, está a 80m. do lavadoiro. Unha inscrición na parte frontal dificilmente visible, data a súa probable construción no ano 1883. O auga cóllese directamente do manancial a través dun burato de 0,69x0,69m. medida exterior, e de 0,48x0,39m. polo interior. Cuberta na súa totalidade de hedras, na actualidade está abandonada, polo que tivemos que rozar na parte frontal para poder achegarnos á fonte.

Datos de Interese
Ano de construción: 
1883
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Vicente de Meá

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte da Barca
Na Barca (Meá), a 5m. do lavadoiro situamos a” Fonte da Barca”. A herba cubre totalmente o carreiro que conduce ao re
Fonte vella
A Fonte Vella está localizada no lugar de Esteirón, na parroquia de Meá. Os veciños maiores do lugar nos comentan que na
Fonte do Roufeiro
Reguengo: Patrimonio real (Palabra de orixe latino). No Reguengo (Rilo), na parroquia de Meá, situamos a “Fonte do Ro
Fonte da Rega
A fonte da Rega, está situada fronte ao parque da Rega, a 70m. do lavadoiro do mesmo nome. Esta fonte ten unha antigüid