Lavadoiro de Esteirón

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

O Lavadoiro de Esteirón, na parroquia de Meá, foi derrubado polas obras da autoestrada que chega ata “Forestal del Atlántico” e “Reganosa”. Moi utilizado polos veciños de O Galiñeiro, O Penedo e a A Pedreira durante décadas no século XX.
No ano 1957, dentro do convenio de colaboración Concello-Deputación, foi reformado na súa totalidade, sendo a obra máis custosa de tódolos lavadoiros reformados:

Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”. A maiores, houbo que desmontar varios muros, e construílos de novo, polo que o importe da obra ascendeu a 24.641,92 Ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Desaparecido
Estado de conservación: 
Desaparecido
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Vicente de Meá

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro da Barca
O primeiro Lavadoiro da Barca situado na parroquia de Meá, foi construído no curso do rio, a escasos 10m. do actual; as
Lavadoiro da Rega
O Lavadoiro da Rega está situado na Rega, e a 70m. da fonte do mesmo nome. De construción rectangular, e teito a dúas
Lavadoiro do Casal
Situado no lugar de “O Casal”, é de planta rectangular con teito a dúas augas. Na actualidade está nun estado de abando