Fonte da Redonda de Abaixo

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Situada na Redonda de Abaixo, recibe o nomedo lugar no que se atopa. Do mesmo xeito que o lavadoiro, situado ao seu carón, esta fonte está nun bo estado de conservación, grazas ao labor de mantemento que as veciñas/os veñen desenvolvendo dende hai moitos anos: pintar, limpar, substituír a billa, etc.
Está pintada de branco, e ten unha billa para collela auga. Á dereita está o selleiro, espazo reservado para pousalas sellas.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Moi Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte do Pozo
A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno,
Fonte de Pontellas
Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeir
Fonte do Cuco
No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte
Fonte do Fero
Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda