Fonte do Pozo

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno, atopamos esta fonte, en bo estado de conservación. Ao seu carón (por riba dela), hai un pozo que da nome á “Fonte e lavadoiro do Pozo”.
De estrutura piramidal construída en pedra de granito de 3m. de alto e 2m. de ancho. Ten un burato rectangular de 0,53x0,46m., que da acceso ao estanque que recibe a auga do pozo mediante un cano practicado na propia roca do estanque. A fonte verte auga por un so cano, nunha pía de granito de 0,70x0,41m.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Dificultade Media
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte dos Bailós
Situada no Baño, no camiño dos Bailós, ten unhas dimensións de 1,42m. alto e 1,20m. de ancho. Dende o exterior, cuberto
Fonte do Loureiro
Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous ca
Fonte do Fero
Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda
Fonte dos catro canos
Situada no casco urbano, no Cano da Rúa. Obviamente o nome de ”Fonte dos 4 canos” débese ós 4 canos que ten a fonte e