Lavadoiro da Redonda de Abaixo

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Ano 1742, segundo a inscrición que figura no lavadoiro. Durante a República, os veciños solicitaron ó Concello a remodelación do lavadoiro, pero ó non acadar que atenderan as súas peticións, fixeron unha comparsa por carnaval e polas rúas do Concello cantaban a seguinte copla(sic):

Hai un ano que salimos
vestidos de capador
pedindo algo pro rio
e cada dia esta peor.
Tanto que nos ofreceron
e nunca nos deron nada
vamos ter que durmir
coa roupa sucia na cama.

Logo de saír os veciños á rúa por carnaval, o Concello dou 70 pesos para ampliar o lavadoiro, sendo a man de obra a conta dos veciños. Contan que os veciños gravaron unha fouciña e un martelo na parede, polo que durante a ditadura foron fusilados varios deles.

Datos de Interese
Ano de construción: 
1742
Estado de conservación: 
Moi Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro do Fero
No lugar do Fero en Simou e a carón da fonte do mesmo nome, localizamos este lavadoiro do que apenas quedan vestixios ,
Lavadoiro das Viñas
O lavadoiro das Viñas está situado a carón da fonte do Cuco, no lugar das Viñas. De pequenas dimensións 3x2,60m., const
Lavadoiro de San Antonio
Como a fonte atópase este lavadoiro no lugar do Souto e tamén leva o nome do santo do lugar. Antigamente estaba descube
Lavadoiro do Esteiro
Lavadoiro do Esteiro: De construción rectangular de 7x5m.; 10 columnas sustentan o teito a dúas augas de uralita que