Lavadoiro de San Vitorio

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

O Lavadoiro de “San Vitorio” debe o seu nome ao Santo do lugar. Chegamos ao lavadoiro baixando por un carreiro a unha zona de vexetación moi tupida e de difícil acceso. Situado a uns 8 m. da fonte, ten figura rectangular totalmente descuberto; mide 7,45m. de largo e 3,15m. de ancho. Na actualidade está semiderrubado, e no seu recinto cuberto de lodo, so medran herbas. Ao seu carón discorre o rio de San Vitorio.
Lavadoiro e Fonte eran propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Moi difícil
Parroquia: 
Santiago de Franza

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro do Mexote
Do lavadoiro do Mexote so podemos mostrar as imaxes do que foi un lavadoiro moi utilizado polas veciñas de Franza, 4 par
Lavadoiro de Boado
Boado: Sitio encharcado, xunqueira (palabra celta). Un dos lavadoiros en mellor estado de conservación é o Lavadoiro
Lavadoiro de Noville
Preto do xacemento romano de Noville, está situado o Lavadoiro do mesmo nome o “Lavadoiro de Noville” . De construción
Lavadoiro de Xuncedo
Xuncedo: Lugar onde hai moito xunco (Palabra latina).