Lavadoiro do Arrueiro

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Arrueiro: Grupo de casas na aldea.

No Arrueiro baixando por un camiño á beira da estrada, está o lavadoiro do lugar; de figura rectangular de 5,72m. de largo e 3,75m. de ancho. O pilón foi construído con cemento e revestido con lousas. A auga deste lavadoiro era moi apreciada polo que dende Souto, San Vitorio e Franza de Arriba, viñan lavar ao Arrueiro. Hoxe en día aínda que a estrutura está en bo estado de conservación, o tellado está moi deteriorado, e o pilón cheo de auga estancada e lodo.
De construción descuberto, no ano 1957 procedeuse á súa cubrición, grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56,

Obra desenvolvida: Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”. O importe da obra foi de 13.405,35 Pesetas.
O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos”

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido. Foi reformado no ano 1957.
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
Santiago de Franza

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro de Boado
Boado: Sitio encharcado, xunqueira (palabra celta). Un dos lavadoiros en mellor estado de conservación é o Lavadoiro
Lavadoiro de San Vitorio
O Lavadoiro de “San Vitorio” debe o seu nome ao Santo do lugar. Chegamos ao lavadoiro baixando por un carreiro a unha
Lavadoiro do Mexote
Do lavadoiro do Mexote so podemos mostrar as imaxes do que foi un lavadoiro moi utilizado polas veciñas de Franza, 4 par
Lavadoiro de Xuncedo
Xuncedo: Lugar onde hai moito xunco (Palabra latina).