Fonte do Cuco

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte foi moi utilizada polos veciños/as do lugar. De figura rectangular de 2,20m. de largo e 1,30m. de ancho, está rematada nun arco semicircular.
Un so cano verte auga nunha pia de 2,20x0,45m. , construída con pedra de granito.
Os veciños das Viñas, bautizaron esta fonte co nome de “Fonte do Cuco”, porque nas inmediacións hai uns salgueiros onde tódolos anos aniñaba unha parella de cucos.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte de Pontellas
Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeir
Fonte do Esteiro
Na enseada do Esteiro e como foi habitual na fisonomía do derradeiro século no noso Concello, fonte e lavadoiro van col
Fonte do Loureiro
Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous ca
Fonte do Pixigo
Pixigo = vulgarismo. O casco urbano é a situación desta fonte, na rúa do pixigo. Construída en granito, ten unhas medi