Lavadoiro da Pita

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Pita: Camiño na elevación do terreo.

O Lavadoiro da Pita (O Baño) e o claro exemplo de lavadoiro tradicional, Os veciños aproveitaron un lugar onde houbera auga, neste caso a que baixaba dun regato, para estancala con terróns e pedras; unha lousa ou unha táboa, servía para lavala roupa.
Posteriormente os veciños do lugar puxeron cartos para a compra dos materiais e por suposto, a man de obra, e amañaron o lavadoiro, empregando material de granito.
Cando nos achegamos a este lavadoiro estaba moi ben conservado (imaxe de arriba, ano 2006). Agora 8 anos despois, atopámolo nun estado lamentábel.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido.
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Dificultade Media
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro do Pozo
No cruce da Redonda coa estrada de Montefaro atopamos o Lavadoiro do Pozo, en bo estado de conservación e totalmente de
Lavadoiro do Fero
No lugar do Fero en Simou e a carón da fonte do mesmo nome, localizamos este lavadoiro do que apenas quedan vestixios ,
Lavadoiro do Esteiro
Lavadoiro do Esteiro: De construción rectangular de 7x5m.; 10 columnas sustentan o teito a dúas augas de uralita que
Lavadoiro das Viñas
O lavadoiro das Viñas está situado a carón da fonte do Cuco, no lugar das Viñas. De pequenas dimensións 3x2,60m., const