[nome] Lavadoiro do Casal [localizacion] POINT (-8.2524222767464 43.458296646524) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] Situado no lugar de “O Casal”, é de planta rectangular con teito a dúas augas. Na actualidade está nun estado de abandono total, aínda que a súa estrutura mantense en bo estado de conservación. No ano 1957 foi reformado grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación para o bienio 1955/56, polo que se construíron e reformaron os/as seguintes lavadoiros e fontes. Construción do bebedoiro de Simou. Construción do lavadoiro de Pontellas. Construción da fonte de Simou. Reforma do lavadoiro de Simou. Reforma do lavadoiro de Esteirón (Meá). Reforma do lavadoiro de A Barca (Meá). Reforma do lavadoiro de O Casal (Meá). Reforma do lavadoiro da Rega (Meá). Reforma do lavadoiro de Franza. A lavadoiro de “O Casal”, mellorou considerablemente coa fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m., en cemento liso, por un importe de 9.250,60 ptas.O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos” . [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro da Rega [localizacion] POINT (-8.2515049612634 43.45297345361) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] O Lavadoiro da Rega está situado na Rega, e a 70m. da fonte do mesmo nome. De construción rectangular, e teito a dúas augas, esta pintado de branco e o tellado de color tella. No ano 1957 e grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56, reformouse este lavadoiro (antes descuberto), coa seguinte obra: “Fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m., en cemento liso. O importe da obra foi de 9.560 Pesetas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos”. Na actualidade está nun bo estado de conservación. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de Esteirón [localizacion] POINT (-8.2344031965867 43.456205587122) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] O Lavadoiro de Esteirón, na parroquia de Meá, foi derrubado polas obras da autoestrada que chega ata “Forestal del Atlántico” e “Reganosa”. Moi utilizado polos veciños de O Galiñeiro, O Penedo e a A Pedreira durante décadas no século XX. No ano 1957, dentro do convenio de colaboración Concello-Deputación, foi reformado na súa totalidade, sendo a obra máis custosa de tódolos lavadoiros reformados: Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”. A maiores, houbo que desmontar varios muros, e construílos de novo, polo que o importe da obra ascendeu a 24.641,92 Ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro da Barca [localizacion] POINT (-8.2324988281866 43.453647153521) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] O primeiro Lavadoiro da Barca situado na parroquia de Meá, foi construído no curso do rio, a escasos 10m. do actual; as crecidas da marea e mesmo do caudal do río no inverno, o inutilizaban moitos meses ao ano. Os veciños aproveitaron o manancial da fonte para construír, a 5 m. , un lavadoiro novo, de estrutura rectangular e descuberto. No ano 1957 e grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56, se reforma este lavadoiro, coa seguinte obra: “Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”. O Importe das obras foi de 12.899,87 Ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Roufeiro [localizacion] POINT (-8.2378149664533 43.449180344098) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] Reguengo: Patrimonio real (Palabra de orixe latino). No Reguengo (Rilo), na parroquia de Meá, situamos a “Fonte do Roufeiro” . Baixamos 4 chanzos e atopamos esta fonte de construción rectangular, cuberta por unha lousa de 1x0,50m. , e un estanque de 3x2m. Na actualidade está cuberta de herba e fieitos o que a fan pasar desapercibida no entorno. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Casal [localizacion] POINT (-8.2530432081331 43.458586132815) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] Situada no lugar de “O Casal”, en Mugardos, está a 80m. do lavadoiro. Unha inscrición na parte frontal dificilmente visible, data a súa probable construción no ano 1883. O auga cóllese directamente do manancial a través dun burato de 0,69x0,69m. medida exterior, e de 0,48x0,39m. polo interior. Cuberta na súa totalidade de hedras, na actualidade está abandonada, polo que tivemos que rozar na parte frontal para poder achegarnos á fonte. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte da Rega [localizacion] POINT (-8.2510221636408 43.452794318266) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] A fonte da Rega, está situada fronte ao parque da Rega, a 70m. do lavadoiro do mesmo nome. Esta fonte ten unha antigüidade de case cen anos. Construída no ano 1924, a súa estrutura está formada por 3 pezas de granito, ten forma rectangular e mide 1,59x1,26m. Na parte inferior ten aberto un burato de 0,49x0,38m., que da acceso ao estanque da fonte. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte da Barca [localizacion] POINT (-8.2324465251109 43.4536475186) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] Na Barca (Meá), a 5m. do lavadoiro situamos a” Fonte da Barca”. A herba cubre totalmente o carreiro que conduce ao recinto, ao que accedemos baixando 4 chanzos. De fronte nos atopamos unha estrutura de 2,90m. de largo e 1,54m. de alto. O estanque mide 0,85m. de largo e 0,73m. de ancho. En tempo de choivas a auga depositada chega a 0,60m. de profundidade. Dous canos practicados sobre unha pedra de granito, verten a auga directamente no recinto. Con abundante vexetación no seu entorno , a fonte está en bo estado de conservación, aínda que a auga non é apta para o consumo. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro das Viñas [localizacion] POINT (-8.2682660853951 43.452059030271) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] O lavadoiro das Viñas está situado a carón da fonte do Cuco, no lugar das Viñas. De pequenas dimensións 3x2,60m., construído con pedra recebada . Na zona habilitada para lavala roupa está revestido con pedra de granito de 2,10x0,55m. Comunicado directamente coa fonte da que recollía a auga a través dunha canle de 0,25m. Deixou de utilizarse hai anos, polo que está nun estado de abandono case total. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Leiro [localizacion] POINT (-8.1999689972584 43.441555922278) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] Construído sobre o rio Leiro, a súa estrutura é rectangular de 6,63x3,65m., sostido por 6 piares, teito a dúas augas de uralita e cuberto con tella. O lavadoiro ten dúas canles, unha para a entrada da auga de 1,27m., e outra para reverter de 0,96m. Unha lousa a modo de comporta, desvía e regula a entrada de auga no lavadoiro; en tempo de choiva abren, e en tempo de seca pechan cando o rio Leiro leva pouco caudal. [] Público [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro da Cabarqueira [localizacion] POINT (-8.2084447777443 43.443482444086) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] En Pumido, no lugar da Cabarqueira, e á beira da estrada, situamos este lavadoiro, con teito de uralita a unha auga, apoiado en 6 piares. O Pilón é de figura rectangular (4,73x2,90m.), construído contra un cómaro no que levantaron un muro de 0,80m. de alto para pechar o pilón. Na actualidade, o seu estado de conservación é de abandono total, coa estrutura moi deteriorada e o leito do pilón totalmente cuberto de lodo. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Lodairo [localizacion] POINT (-8.2116258776355 43.443151380768) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] Na estrada que vai dende a Gallada ao Lodairo, subindo e a marxe dereita atopamos a “Fonte do Lodairo”. Na parte frontal superior hai unha inscrición que na parte de arriba pon D.M. e na parte de abaixo a data de construción 1885. Os primeiros chanzos para baixar á fonte están derrubados, pero a escaleira tiña 4 ou 5 chanzos de acceso. O corpo central ten unhas dimensións de 1,74x1,62m. Todo o recinto está cuberto de maleza e en mal estado de conservación, e a fonte con moitas gretas na súa estrutura, o que fai perigar seriamente a súa conservación. A 15m. da fonte cara abaixo e na mesma marxe da estrada, había un lavadoiro, do que na actualidade non quedan restos, xa que foi derrubado para ampliar o camiño existente (antigamente era un camiño de a pé). [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte de A Cabarqueira [localizacion] POINT (-8.2084179556541 43.443579815306) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] No lugar da Cabarqueira, en Pumido, está a “Fonte da Cabarqueira”. Construída no ano 1956, de estrutura rectangular de 1,85x1,75m., e rematada en arco semicircular. Está pintada de azul e branco. Mediante unha canle a auga baixa dende a fonte cara o lavadoiro, situado a 10m. O estado de conservación é aceptábel. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte "A Fonte" [localizacion] POINT (-8.2027638590517 43.440347007036) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] “A Fonte” está situada no lugar coñecido dende antigo como “A Fonte”, agora “A Igrexa”, na parroquia de San Xoán de Piñeiro . De estrutura rectangular, de 1,73m.x1,13m., ten un burato de acceso ao manancial de 0,72m. de lonxitude, e 0,39m. de altura. Un só cano verte auga nunha pía de 0,40m.x0,40m. (non potábel). Actualmente está en bo estado de conservación, aínda que cuberta de abundante vexetación. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte San Xoán de Piñeiro [localizacion] POINT (-8.2041156923948 43.440424908063) [parroquia] San Xoán de Piñeiro [contido] Á beira da estrada, en San Xoán de Piñeiro, está situada esta fonte de estrutura rectangular de 1,83m. de altura e 1,18m. de ancho, e rematada con un arco semicircular. Está pintada de azul e branco, con moita vexetación no entorno da fonte; o estado de conservación é moi deficiente. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de Noville [localizacion] POINT (-8.2265496885924 43.455660420087) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Preto do xacemento romano de Noville, está situado o Lavadoiro do mesmo nome o “Lavadoiro de Noville” . De construción rectangular, o teito apoia sobre 6 piares de cemento. O pilón de 7,13m. de largo e 3,08m. de ancho, ten unha canle para a entrada da auga de 0,72m. e outra para reverter de 0,61m. No ano 1964 levouse a cabo a reparación deste lavadoiro dentro dos Plans de cooperación provinciais para o bienio 63/64, por un importe de 15.000 ptas. DESCRICIÓN DAS OBRAS 14 m2 de muro de formigón de 40cm de espesor. 16m2 de soleira de formigón de 250kg. de cemento e 10cm. de espesor. 12m2 de táboas para lavadoiro de formigón armado recebado con morteiro de cemento. 500ml. de canle de formigón en masa en desaugue e condución xeral. Partida para desaugue de fondo. O total da obra desenvolvida suma………………………………………………. 13.215,86 Ptas. 8,5% de beneficio industrial………………………………………………………….. 1.123,35 “ Orzamento da contrata………………………………………………………………….. 14.339,21 “ Honorarios de inspección de obra…………………………………………………. 660,79 “ TOTAL………………………………………………………………………………………………..… 15.0000 Ptas. Noville: De orixe latino, nome do propietario da vila do mesmo nome, é como se coñece agora ao lugar . [] Público [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de Boado [localizacion] POINT (-8.2100165522267 43.453027972957) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Boado: Sitio encharcado, xunqueira (palabra celta). Un dos lavadoiros en mellor estado de conservación é o Lavadoiro de Boado(O Seixo). 9 piares sustentan unha estrutura rectangular de 5x4m, con teito de uralita a dúas augas e cuberto de tella. Situado á beira do Rio Ba, regula o nivel da auga que colle do rio, mediante unha pequena esclusa. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de Xuncedo [localizacion] POINT (-8.2168615496318 43.454063831213) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Xuncedo: Lugar onde hai moito xunco (Palabra latina). Este fermosisímo lavadoiro, situado en Xuncedo (O Seixo), foi construido no cauce do rio Ba. A súa estrutura é totalmente diferente aos lavadoiros que nos atopamos polas parroquias do Concello De figura rectangular sostido por 6 piares, ten o teito a 4 augas e está cuberto con tella. O pilón de 8,87m. de largo e 3,52m. de ancho, ten dúas canles de entrada e saída da auga de 2,04m. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte de Xuncedo [localizacion] POINT (-8.2167864477795 43.454165079563) [parroquia] Santiago de Franza [contido] A “ Fonte de Xuncedo”, construída no ano 1951 no lugar de Xuncedo (O Seixo), ten estrutura rectangular de 1,35m. de largo e 1,30m. de ancho. Para achegarnos a esta fonte, collemos unha senda peonil dende a marxe dereita da estrada Mugardos-O Seixo, e podemos baixar por calquera das dúas escaleiras laterais de 9 chanzos cada unha. Verte auga por dous canos a distinto nivel; está pintada de branco e en bo estado de conservación. Seguindo a mesma senda chegamos ao lavadoiro situado a 30m. da fonte. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do campo do rio [localizacion] POINT (-8.216528955714 43.454967272046) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Situada no lugar do campo do rio, do que recibe o seu nome. Chegamos a esta fonte polo camiño que vai dende o Seixo ata Beiramar. Totalmente reformada, atopáse en bo estado de conservación. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte dos Anxos [localizacion] POINT (-8.2127524054215 43.452132291742) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946, no marxen esquerdo da estrada que baixa dende A Gallada ata O Seixo. O recinto ten unhas dimensións de 3, 57m. de largo e 2,34 m. de ancho, está pintada de azul e branco e un so cano bota abundante auga a unha pía rectangular. Polas connotacións relixiosas do seu nome, e empregando o sarcasmo galego os veciños/as tamén coñecen esta fonte como “fonte da igrexa” ou “fonte dos mortos”. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte de Pedras Albas [localizacion] POINT (-8.2245930171162 43.45469310157) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Situada a 100m. do lavadoiro de noville, a fonte de “Pedras Albas” recibe o seu nome porque é zona de pedras brancas, e mesmo o leito do manancial está cuberto delas . Baixamos 4 chanzos para atoparnos unha estrutura pentagonal de 1,68m. de alto e 1,83m. de ancho. Na actualidade segue tendo unha auga transparente e limpa, pero tanto o exterior como o interior do recinto está cuberto por abundante maleza: herba, silvas, hedras, etc. [] Privado [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de San Vitorio [localizacion] POINT (-8.2194364702857 43.451816853024) [parroquia] Santiago de Franza [contido] O Lavadoiro de “San Vitorio” debe o seu nome ao Santo do lugar. Chegamos ao lavadoiro baixando por un carreiro a unha zona de vexetación moi tupida e de difícil acceso. Situado a uns 8 m. da fonte, ten figura rectangular totalmente descuberto; mide 7,45m. de largo e 3,15m. de ancho. Na actualidade está semiderrubado, e no seu recinto cuberto de lodo, so medran herbas. Ao seu carón discorre o rio de San Vitorio. Lavadoiro e Fonte eran propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten. [] Privado [Acceso a pe] Moi difícil ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Mexote [localizacion] POINT (-8.2267884051945 43.448184077931) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Do lavadoiro do Mexote so podemos mostrar as imaxes do que foi un lavadoiro moi utilizado polas veciñas de Franza, 4 paredes que case non se teñen en pé cubertas de silveira . De construción rectangular e totalmente descuberto [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Arrueiro [localizacion] POINT (-8.218572798983 43.447629345535) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro baixando por un camiño á beira da estrada, está o lavadoiro do lugar; de figura rectangular de 5,72m. de largo e 3,75m. de ancho. O pilón foi construído con cemento e revestido con lousas. A auga deste lavadoiro era moi apreciada polo que dende Souto, San Vitorio e Franza de Arriba, viñan lavar ao Arrueiro. Hoxe en día aínda que a estrutura está en bo estado de conservación, o tellado está moi deteriorado, e o pilón cheo de auga estancada e lodo. De construción descuberto, no ano 1957 procedeuse á súa cubrición, grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56, Obra desenvolvida: Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”. O importe da obra foi de 13.405,35 Pesetas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos” [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Vilar [localizacion] POINT (-8.2267884051947 43.440846302183) [parroquia] Santiago de Franza [contido] No Vilar ata hai uns anos podiamos achegarnos a esta fonte de construcción rectangular e un burato de acceso ao estanque tamén rectangular. Na actualidade está totalmente cuberta de silveira e completamente abandonada. [] Privado [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Fonte de San Vitorio [localizacion] POINT (-8.2193828261055 43.451688340483) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Igual que o lavadoiro e situada a 8 m. deste, recibe o nome do Santo do lugar, “Fonte de San Vitorio”. O estanque de 1,57x0,96m., está construído en cemento e cuberto cunha lousa de 1,72x1,23m. A través do burato podemos comprobar que esta fonte segue tendo unha auga fresca , limpa e moi abundante, de 0,50m. de profundidade. Mantense en bo estado de conservación aínda que de moi difícil acceso porque está situada nunha zona de moito desnivel e cuberta de maleza. Esta fonte era propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten. [] Privado [Acceso a pe] Moi difícil ---------------------------------------- [nome] Fonte do Penso [localizacion] POINT (-8.216872278468 43.447778313224) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Penso = Lugar inclinado. Na rúa do Penso e case confundida co cómaro, atopamos esta fonte da que so queda unha pequena poza de auga. Herba e fieitos tapan a entrada ao estanque da fonte. O burato de acceso apenas mide 0, 86m. no sitio mais ancho e 0,93m. de largo. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Mexote [localizacion] POINT (-8.2269547021536 43.447689468159) [parroquia] Santiago de Franza [contido] A Fonte do Mexote, está situada a 10m. do lavadoiro, ten estrutura pentagonal e mide 1,40m. de alto e 1m. de ancho. Chegamos ao manancial mediante un burato rectangular. A imaxe é do ano 2004, porque na actualidade esta fonte está totalmente cuberta por silveira, o que fai moi difícil a súa localización con exactitude. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do arrueiro [localizacion] POINT (-8.2191789782203 43.447817258965) [parroquia] Santiago de Franza [contido] Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro, baixando por un carreiro dende a estrada, e a carón do lavadoiro está a Fonte. Construída no ano 1967, ten un so cano polo que verte abundante auga no tempo de choiva. O corpo central e rectangular de 1,40m. de alto e 1,12m. de ancho. Pintada de branco, o seu estado de conservación e bo aínda que fonte e lavadoiro necesitan un plan de conservación (igual que outros/as do Concello), para que nos vindeiros anos o deterioro de ámbolos dous non sexa irreversíbel. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro de San Antonio [localizacion] POINT (-8.2603830731015 43.447962818449) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Como a fonte atópase este lavadoiro no lugar do Souto e tamén leva o nome do santo do lugar. Antigamente estaba descuberto pero no ano 1957, o convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña, facilitou que se acometese unha obra de reforma: “Fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m. en cemento liso, e un muro de contención contra un terreo. O importe total das obras desenvolvidas foi de 12.939,13 ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos”. Dentro deste convenio construíuse un bebedoiro para os animais a carón do lavadoiro, por un importe das obras de: 2.692,58 Ptas. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Pozo [localizacion] POINT (-8.2722438013636 43.457831841081) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] No cruce da Redonda coa estrada de Montefaro atopamos o Lavadoiro do Pozo, en bo estado de conservación e totalmente descuberto, aínda que na actualidade cuberto de abundante maleza. A material utilizado para a súa construción é o granito, e as medidas son de 2,87x2,84m. Situado a 30 m. da fonte e o pozo, nunha zona máis baixa, aproveita o desnivel para recoller a auga que chega a través dunha canle de 10cm de ancho. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Fero [localizacion] POINT (-8.2582051193818 43.448197465444) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] No lugar do Fero en Simou e a carón da fonte do mesmo nome, localizamos este lavadoiro do que apenas quedan vestixios , agás unha pequena poza de auga. Ademais das veciñas do lugar, mulleres dos arredores e mesmo dende Mugardos viñan lavar. Saían pola mañá cedo e volvían pola tarde. Logo de lavala roupa, tendíana no campeiro, comían preto do lavadoiro, e pola tarde recollían a roupa e volvían cara a Mugardos. [] Privado [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro do Esteiro [localizacion] POINT (-8.2666808998676 43.453961122375) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Lavadoiro do Esteiro: De construción rectangular de 7x5m.; 10 columnas sustentan o teito a dúas augas de uralita que está recuberta con tella. Mantense en bo estado de conservación e a súa estrutura está pintada de branco. O pilón é rectangular de 5,97m. de lonxitude, 2,34m. de ancho, e 0,78m. de alto. Na actualidade lavadoiro non se usa e o pilón está anegado e cheo de lodo. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro da Redonda de Abaixo [localizacion] POINT (-8.2718575632656 43.458744443142) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Ano 1742, segundo a inscrición que figura no lavadoiro. Durante a República, os veciños solicitaron ó Concello a remodelación do lavadoiro, pero ó non acadar que atenderan as súas peticións, fixeron unha comparsa por carnaval e polas rúas do Concello cantaban a seguinte copla(sic): Hai un ano que salimos vestidos de capador pedindo algo pro rio e cada dia esta peor. Tanto que nos ofreceron e nunca nos deron nada vamos ter que durmir coa roupa sucia na cama. Logo de saír os veciños á rúa por carnaval, o Concello dou 70 pesos para ampliar o lavadoiro, sendo a man de obra a conta dos veciños. Contan que os veciños gravaron unha fouciña e un martelo na parede, polo que durante a ditadura foron fusilados varios deles. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Lavadoiro da Pita [localizacion] POINT (-8.2707524931516 43.454718048337) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Pita: Camiño na elevación do terreo. O Lavadoiro da Pita (O Baño) e o claro exemplo de lavadoiro tradicional, Os veciños aproveitaron un lugar onde houbera auga, neste caso a que baixaba dun regato, para estancala con terróns e pedras; unha lousa ou unha táboa, servía para lavala roupa. Posteriormente os veciños do lugar puxeron cartos para a compra dos materiais e por suposto, a man de obra, e amañaron o lavadoiro, empregando material de granito. Cando nos achegamos a este lavadoiro estaba moi ben conservado (imaxe de arriba, ano 2006). Agora 8 anos despois, atopámolo nun estado lamentábel. [] Público [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Fonte do Pozo [localizacion] POINT (-8.2724583780848 43.457783168864) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno, atopamos esta fonte, en bo estado de conservación. Ao seu carón (por riba dela), hai un pozo que da nome á “Fonte e lavadoiro do Pozo”. De estrutura piramidal construída en pedra de granito de 3m. de alto e 2m. de ancho. Ten un burato rectangular de 0,53x0,46m., que da acceso ao estanque que recibe a auga do pozo mediante un cano practicado na propia roca do estanque. A fonte verte auga por un so cano, nunha pía de granito de 0,70x0,41m. [] Privado [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Fonte do Fero [localizacion] POINT (-8.2588005697827 43.448082089339) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda un pequeño regato da antiga fonte. [] Privado [Acceso a pe] Dificultade Media ---------------------------------------- [nome] Fonte do Esteiro [localizacion] POINT (-8.2667506373019 43.453861334) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Na enseada do Esteiro e como foi habitual na fisonomía do derradeiro século no noso Concello, fonte e lavadoiro van collidos da man para prestar un inesquecible servizo aos veciños do lugar. A Fonte do Esteiro, de construción rectangular de 1,20x0,80m, está situada a escasos metros do lavadoiro. Podemos beber directamente desta fonte polo cano que bota un chorro de auga fresca e limpa. O seu estado de conservación é bo. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Cuco [localizacion] POINT (-8.2692075407592 43.451929788062) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte foi moi utilizada polos veciños/as do lugar. De figura rectangular de 2,20m. de largo e 1,30m. de ancho, está rematada nun arco semicircular. Un so cano verte auga nunha pia de 2,20x0,45m. , construída con pedra de granito. Os veciños das Viñas, bautizaron esta fonte co nome de “Fonte do Cuco”, porque nas inmediacións hai uns salgueiros onde tódolos anos aniñaba unha parella de cucos. [] Privado [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte de San Antonio [localizacion] POINT (-8.2591760790449 43.449496770182) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Do patrón de Simou (San Antonio), leva o nome esta fonte, situada no lugar do Souto, a 30m. do lavadoiro e o bebedoiro . Accédese baixando unha escaleira de 6 chanzos. Mide 1,60x1,60m., rematada nun arco semicircular. Na actualidade esta fonte non existe porque hai 7 anos foi derrubada sen motivo algún, e un anaquiño do noso patrimonio desapareceu para sempre. Foi construída no ano 1957 grazas a un convenio do Concello coa Deputación, por un importe de 3.833,47 Ptas. O Concello participou co 55% do orzamento máis o 8% de beneficio industrial. A Deputación de A Coruña aportou o 45%. do orzamento. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte de Pontellas [localizacion] POINT (-8.2683170473663 43.441162041552) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeiras), na estrada que vai á Queira. Os veciños dos lugares próximos colleron auga desta fonte dende moi antigo. Collían auga directamente do manancial, a través dun oco practicado na cara frontal da fonte, pero na actualidade está moi abandonada, cuberta de silveira, fieitos etc. e está completamente seca. Moi preto había un muíño do que só queda unha quenlla de pedra por onde chegaba a auga ó muíño, algunhas pedras e a roda do muíño. Na estrada da Queira e moi preto da fonte había un lavadoiro, pero na actualidade non quedan vestixios do mesmo, nin auga nin as pedras do lavadoiro. [] Privado [Acceso a pe] Moi difícil ---------------------------------------- [nome] Fonte da Redonda de Abaixo [localizacion] POINT (-8.2721418774209 43.45902334088) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Situada na Redonda de Abaixo, recibe o nomedo lugar no que se atopa. Do mesmo xeito que o lavadoiro, situado ao seu carón, esta fonte está nun bo estado de conservación, grazas ao labor de mantemento que as veciñas/os veñen desenvolvendo dende hai moitos anos: pintar, limpar, substituír a billa, etc. Está pintada de branco, e ten unha billa para collela auga. Á dereita está o selleiro, espazo reservado para pousalas sellas. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte da Pereta [localizacion] POINT (-8.2596159613232 43.447879572098) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Na Barrosa (Roibeiras) atópase unha das fontes máis fermosas do noso Concello, “A Fonte da Pereta” Mantén a construción orixinal nun estado de conservación excelente. A tradición oral sitúa está fonte nas primeiras décadas do século XX, ou anterior. Exteriormente está revestida de pedra cun burato para acceder o interior da fonte onde aínda podemos beber unha auga limpa, clara e moi fresca. Ó seu carón hai un selleiro (sitio para pousalas sellas). Logo de moitos anos sen acceder á fonte atópase cuberta de toxos e silvas polo que é un lugar practicamente inaccesible. [] Privado [Acceso a pe] Moi difícil ---------------------------------------- [nome] Fonte dos Bailós [localizacion] POINT (-8.2657930886837 43.4546316473) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Situada no Baño, no camiño dos Bailós, ten unhas dimensións de 1,42m. alto e 1,20m. de ancho. Dende o exterior, cuberto de maleza, e baixando 4 chanzos chegamos a un recinto rectangular anegado e cuberto de plantas acuáticas. A auga que baixa a esta fonte ven dende un depósito situado a 30m.; na actualidade está cheo de lodo e completamente obturado, polo que o único cano que ten a fonte apenas bota auga. Sabemos polos vellos do lugar que antigamente no “Pazo do Baño” tamén coñecido como “Pazo das Condesas”, os condes organizaban festas e bailes; os veciños/as dos lugares próximos bailaban no camiño, polo que comezaron a chamarlle camiño dos bailós, e posteriormente cando se constrúe a fonte, coñeceuse como a “Fonte dos bailós” [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Pixigo [localizacion] POINT (-8.2564777767763 43.460795017235) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Pixigo = vulgarismo. O casco urbano é a situación desta fonte, na rúa do pixigo. Construída en granito, ten unhas medidas de 1x1,20m. , e un só cano con auga non potábel. Unha horta de pexegueiros serviu para darlle nome á “fonte do pixigo” e posteriormente a unha rúa. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte do Loureiro [localizacion] POINT (-8.2557616269694 43.46299907564) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous canos aos que se accede baixando 4 chanzos. Na actualidade está moi ben conservada, sendo a fonte máis utilizada do casco urbano. Cando se constrúe a fonte, enriba dela había, e aínda hai hoxe, un loureiro grande, e os veciños coñecíana como a “Fonte do Loureiro”. Antigamente a xente de Ferrol viña a Mugardos en lancha, pois non había outro medio de transporte, e segundo o dito popular tódolos mozos que bebían auga desta fonte, casaban en Mugardos. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte dos catro canos [localizacion] POINT (-8.2549167311299 43.463570701382) [parroquia] San Xiao de Mugardos [contido] Situada no casco urbano, no Cano da Rúa. Obviamente o nome de ”Fonte dos 4 canos” débese ós 4 canos que ten a fonte e polos que aínda bota auga abundantemente. Foi construída no ano 1880 e reformada por primeira vez no ano 1952. Novas reformas posteriores, deixárona coa fachada actual. Antigamente no centro da explanada onde está situada a fonte, había un lavadoiro do que non hai vestixios nin a data do seu derrubo [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ---------------------------------------- [nome] Fonte vella [localizacion] POINT (-8.2349102131663 43.455954508098) [parroquia] San Vicente de Meá [contido] A Fonte Vella está localizada no lugar de Esteirón, na parroquia de Meá. Os veciños maiores do lugar nos comentan que na primeira metade do século XX xa collían auga nesta fonte. Hai que baixar 3 chanzos para acceder a un recinto de 3,20m.x2,40m., cuberto de abundante vexetación. O estanque ten forma rectangular, recuberto por unha lousa de 1,26m. de largo e 1,06m. de ancho. Unha inscrición gravada na parte frontal superior, nos indica que esta antiga fonte foi reformada no ano 1963, para evitar o desborde da auga. [] Público [Acceso a pe] Sinxelo ----------------------------------------