Fonte do Loureiro
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous canos aos que se accede baixando 4 chanzos. Na actualidade está moi ben conservada, sendo a fonte máis utilizada do casco urbano. Cando se constrúe a fonte, enriba dela había, e aínda hai hoxe, un loureiro grande, e os veciños coñecíana como a “Fonte do Loureiro”. Antigamente a xente de Ferrol viña a Mugardos en lancha, pois non había outro medio de transporte, e segundo o dito popular tódolos mozos que bebían auga desta fonte, casaban en Mugardos.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte de Pontellas
- Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeir
- Fonte do Pozo
- A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno,
- Fonte do Cuco
- No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte
- Fonte dos Bailós
- Situada no Baño, no camiño dos Bailós, ten unhas dimensións de 1,42m. alto e 1,20m. de ancho. Dende o exterior, cuberto