Fonte do Loureiro

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous canos aos que se accede baixando 4 chanzos. Na actualidade está moi ben conservada, sendo a fonte máis utilizada do casco urbano. Cando se constrúe a fonte, enriba dela había, e aínda hai hoxe, un loureiro grande, e os veciños coñecíana como a “Fonte do Loureiro”. Antigamente a xente de Ferrol viña a Mugardos en lancha, pois non había outro medio de transporte, e segundo o dito popular tódolos mozos que bebían auga desta fonte, casaban en Mugardos.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Moi Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte dos catro canos
Situada no casco urbano, no Cano da Rúa. Obviamente o nome de ”Fonte dos 4 canos” débese ós 4 canos que ten a fonte e
Fonte da Redonda de Abaixo
Situada na Redonda de Abaixo, recibe o nomedo lugar no que se atopa. Do mesmo xeito que o lavadoiro, situado ao seu car
Fonte de Pontellas
Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeir
Fonte da Pereta
Na Barrosa (Roibeiras) atópase unha das fontes máis fermosas do noso Concello, “A Fonte da Pereta” Mantén a construción