Fonte da Pereta
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Na Barrosa (Roibeiras) atópase unha das fontes máis fermosas do noso Concello, “A Fonte da Pereta” Mantén a construción orixinal nun estado de conservación excelente. A tradición oral sitúa está fonte nas primeiras décadas do século XX, ou anterior.
Exteriormente está revestida de pedra cun burato para acceder o interior da fonte onde aínda podemos beber unha auga limpa, clara e moi fresca.
Ó seu carón hai un selleiro (sitio para pousalas sellas). Logo de moitos anos sen acceder á fonte atópase cuberta de toxos e silvas polo que é un lugar practicamente inaccesible.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte do Fero
- Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda
- Fonte do Pozo
- A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno,
- Fonte do Pixigo
- Pixigo = vulgarismo. O casco urbano é a situación desta fonte, na rúa do pixigo. Construída en granito, ten unhas medi
- Fonte do Esteiro
- Na enseada do Esteiro e como foi habitual na fisonomía do derradeiro século no noso Concello, fonte e lavadoiro van col