Fonte do Cuco
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte foi moi utilizada polos veciños/as do lugar. De figura rectangular de 2,20m. de largo e 1,30m. de ancho, está rematada nun arco semicircular.
Un so cano verte auga nunha pia de 2,20x0,45m. , construída con pedra de granito.
Os veciños das Viñas, bautizaron esta fonte co nome de “Fonte do Cuco”, porque nas inmediacións hai uns salgueiros onde tódolos anos aniñaba unha parella de cucos.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte de Pontellas
- Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos. Situada no lugar de Pontellas(Roibeir
- Fonte da Pereta
- Na Barrosa (Roibeiras) atópase unha das fontes máis fermosas do noso Concello, “A Fonte da Pereta” Mantén a construción
- Fonte do Fero
- Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda
- Fonte da Redonda de Abaixo
- Situada na Redonda de Abaixo, recibe o nomedo lugar no que se atopa. Do mesmo xeito que o lavadoiro, situado ao seu car