Fonte do Lodairo

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Na estrada que vai dende a Gallada ao Lodairo, subindo e a marxe dereita atopamos a “Fonte do Lodairo”.
Na parte frontal superior hai unha inscrición que na parte de arriba pon D.M. e na parte de abaixo a data de construción 1885.
Os primeiros chanzos para baixar á fonte están derrubados, pero a escaleira tiña 4 ou 5 chanzos de acceso. O corpo central ten unhas dimensións de 1,74x1,62m.
Todo o recinto está cuberto de maleza e en mal estado de conservación, e a fonte con moitas gretas na súa estrutura, o que fai perigar seriamente a súa conservación.

A 15m. da fonte cara abaixo e na mesma marxe da estrada, había un lavadoiro, do que na actualidade non quedan restos, xa que foi derrubado para ampliar o camiño existente (antigamente era un camiño de a pé).

Datos de Interese
Ano de construción: 
1885
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xoán de Piñeiro

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte de A Cabarqueira
No lugar da Cabarqueira, en Pumido, está a “Fonte da Cabarqueira”. Construída no ano 1956, de estrutura rectangular de
Fonte "A Fonte"
“A Fonte” está situada no lugar coñecido dende antigo como “A Fonte”, agora “A Igrexa”, na parroquia de San Xoán de Piñe
Fonte San Xoán de Piñeiro
Á beira da estrada, en San Xoán de Piñeiro, está situada esta fonte de estrutura rectangular de 1,83m. de altura e 1,