Lavadoiro da Rega

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

O Lavadoiro da Rega está situado na Rega, e a 70m. da fonte do mesmo nome. De construción rectangular, e teito a dúas augas, esta pintado de branco e o tellado de color tella. No ano 1957 e grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56, reformouse este lavadoiro (antes descuberto), coa seguinte obra:

“Fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m., en cemento liso. O importe da obra foi de 9.560 Pesetas.
O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos”. Na actualidade está nun bo estado de conservación.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido. Foi reformado no ano 1957
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Vicente de Meá

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro de Esteirón
O Lavadoiro de Esteirón, na parroquia de Meá, foi derrubado polas obras da autoestrada que chega ata “Forestal del Atl
Lavadoiro da Barca
O primeiro Lavadoiro da Barca situado na parroquia de Meá, foi construído no curso do rio, a escasos 10m. do actual; as
Lavadoiro do Casal
Situado no lugar de “O Casal”, é de planta rectangular con teito a dúas augas. Na actualidade está nun estado de abando