Fonte do Lodairo
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Na estrada que vai dende a Gallada ao Lodairo, subindo e a marxe dereita atopamos a “Fonte do Lodairo”.
Na parte frontal superior hai unha inscrición que na parte de arriba pon D.M. e na parte de abaixo a data de construción 1885.
Os primeiros chanzos para baixar á fonte están derrubados, pero a escaleira tiña 4 ou 5 chanzos de acceso. O corpo central ten unhas dimensións de 1,74x1,62m.
Todo o recinto está cuberto de maleza e en mal estado de conservación, e a fonte con moitas gretas na súa estrutura, o que fai perigar seriamente a súa conservación.
A 15m. da fonte cara abaixo e na mesma marxe da estrada, había un lavadoiro, do que na actualidade non quedan restos, xa que foi derrubado para ampliar o camiño existente (antigamente era un camiño de a pé).
Outras fontes na mesma parroquia
![](https://www.aculturadaauga.org/sites/default/files/styles/portfolio_view/public/fotos/lavadoiros/redimen-1024x768-dsc_0004-editar-editar.jpg?itok=zidXyjMC)
- Fonte de A Cabarqueira
- No lugar da Cabarqueira, en Pumido, está a “Fonte da Cabarqueira”. Construída no ano 1956, de estrutura rectangular de
![](https://www.aculturadaauga.org/sites/default/files/styles/portfolio_view/public/fotos/lavadoiros/redimen-1024x768-fonte_da_fonte2.jpg?itok=TT2LeBkr)
- Fonte "A Fonte"
- “A Fonte” está situada no lugar coñecido dende antigo como “A Fonte”, agora “A Igrexa”, na parroquia de San Xoán de Piñe
![](https://www.aculturadaauga.org/sites/default/files/styles/portfolio_view/public/fotos/lavadoiros/redimen-1024x768-fonte_arquitectonica_de_san_xoin_pieiro3_0.jpg?itok=s99NZ3K1)
- Fonte San Xoán de Piñeiro
- Á beira da estrada, en San Xoán de Piñeiro, está situada esta fonte de estrutura rectangular de 1,83m. de altura e 1,