Condicións de uso

Definición do usuario do sitio web A Cultura da Auga

Defínese como usuario do servizo aculturadaauga.org, de agora en adiante "usuario", a persoa ou entidade que utilice, reproduza ou modifique os conxuntos de datos que se ofrecen no servizo aculturadaauga.org

Tamén se considera "usuario" á persoa que crea ou ofrece aplicacións e/ou servizos que se alimentan dos datos do servizo aculturadaauga.org

Licenza aplicable á reutilización dos datos

A utlización dos datos e servizos provistos neste sitio web supón a aceptación destas condicións de uso, ainda que o feito de aceptalas non supón a concesión ao usuario dos dereitos de autoría nin de propiedade intelectual sobre o conxunto de datos.

Licenza «A Cultura da Auga»

Os conxuntos de datos publícanse baixo os termos da licenza Creative Commons - Recoñecemento (CC-BY 4.0), que permite:

  • Copiar, distribuír e divulgar públicamente
  • Servir de base para obras derivadas como resultado da súa análise ou estudo
  • Modificar, transformar e adaptar
  • Mencionar a autoría de aculturadaauga.org

A Cultura da Auga por Asociación Comunidade O Zulo distribúese baixo Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Baseada nunha obra de www.aculturadaauga.org.
Permisos máis aló desta licenza pódense atopar en www.aculturadaauga.org/condicions-de-uso.
Licencia Creative Commons

Garantía e responsabilidade sobre o conxunto de datos

aculturadaauga.org ofrece os conxuntos de datos dispoñibles tal e como constan nos seus ficheiros, e a pesar dos esforzos por xestionar os conxuntos de datos, non podemos asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo a estos conxuntos de datos, e non ofrece ningunha garantía neste sentido.

aculturadaauga.org pode en calquera momento, engadir, eliminar ou modificar os conxuntos de datos publicados e/ou estas condicións de uso. O anuncio destos cambios publicarase nas canles habituais de comunicación da Asociación Comunidade O Zulo. Calquera cambio será efectivo dende o seu momento da publicación, a menos que se notifique o contrario.