Software libre

A orixe do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.

A idea moderna de software libre comezou despois de que en 1983, Richard Stallman inicia o proxecto GNU, e nos seguintes anos, fóronse formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades

Máis sobre Software Libre


Software empregado no proxecto

Empregamos Drupal como CMS/Framework para o desenvolvemento do sitio web e Debian GNU/Linux coma sistema operativo de servidor. Tamén usamos e abusamos do proxecto OpenStreetMap(OSM) , un proxecto colaborativo para crear mapas libres e editables.


Licenzas, acceso aos datos e libertade!

Tódolos datos, textos e imaxes do proxecto están liberados baixo licenza Creative Commons, o que garantiza a reutilización dos datos e a apertura do proxecto. Cremos no software e na cultura libre. Promovemos a liberdade na distribución das nosas aportacións á sociedade, e tamén, por suposto, na modificación das mesmas.