Acceso aos datos

O obxectivo final da iniciativa é lograr a publicación da maior cantidade posible de datos, empregando formatos estruturados, preferiblemente non propietarios e procesables de forma automática.

Canto mellor estruturados e enriquecidos estean os datos máis doada será a súa reutilización e a construción de aplicacións para o seu tratamento automatizado. O uso de formatos estándar abertos permitirá que os datos sexan tratados con diversos tipos de ferramentas sen necesidades de ter que adquirir licenzas de uso.

Documentos estáticos

CSV(Comma- Separated Values): é un formato simple para o almacenamento de datos *tabulares en texto plano que se utiliza frecuentemente para o intercambio de información entre distintas follas de cálculo que utilizan outros formatos propietarios.

Uso: Recomendado, por exemplo, para traballar con documentos tipo "folla de cálculo" Libre Office Calc, incluido na suite ofimática libre "LibreOffice". Formato 100% compatible co software privativo "Microsoft Office".

Descargar CSV

TXT(Arquivo de texto plano): é un formato simple sen formato.

Uso: Recomendado para incluir como referencia textual noutros documentos. Ao tratarse de texto sen formato publicado baixo licenza libre, é moi sinxelo copiar e pegar o texto, sempre e cando se respecten as condicións de uso do sitio.

Descargar TXT

Datos dinámicos

XML( eXtensible Markup Language ): é unha metalinguaxe extensible de etiquetas, entendida como unha maneira de definir linguaxes para diferentes necesidades, e particularmente para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas. Describe os datos de forma que, empregando etiquetas, sexa posible estruturalos, tal como o fai HTML, pero que neste caso non están predefinidas, senón que podemos definir novos vocabularios para cubrir as nosas necesidades por exemplo KMLnova venta (Keyhole Markup Language) para a creación de modelos e o almacenamento de funcións xeográficas, que utilizarán principalmente en aplicacións de xeoposicionamiento e mapas.

Uso: O uso do formato XML é moi diverso. Un exemplo: servir de base para mostrar os datos nunha aplicación para dispositivos móbiles.

Acceso XML

GeoJSON é novo formato para datos xeográficos baseado en JSON. Un obxecto GeoJSON pode representar unha xeometría e features. Soporta xeometrías tipo: Point, LineString, Polygon, MultiPoint, MultiLineString, MultiPolygon, y GeometryCollection.

Uso: O uso do formato GeoJOSN é moi diverso. Un exemplo: servir de base para mostrar os datos nun mapa sen aparente vinculación ao proxecto "A cultura da Agua". Podes empregar Geojson.io para realizar probas.

Acceso GeoJSON

Imaxes

Tódalas imaxes do proxecto empregadas nas ficha tanto de lavadoiros coma de fontes están dispoñibles para a descargar. A maior partes da imaxes son obra de Miguel Rodríguez Bouza, outras de Juan Fernández.Lembra que para empregalas, debes respectar a autoría e as condicións de uso do sitio

Descargar Imaxes