Fonte de Xuncedo
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
A “ Fonte de Xuncedo”, construída no ano 1951 no lugar de Xuncedo (O Seixo), ten estrutura rectangular de 1,35m. de largo e 1,30m. de ancho.
Para achegarnos a esta fonte, collemos unha senda peonil dende a marxe dereita da estrada Mugardos-O Seixo, e podemos baixar por calquera das dúas escaleiras laterais de 9 chanzos cada unha. Verte auga por dous canos a distinto nivel; está pintada de branco e en bo estado de conservación. Seguindo a mesma senda chegamos ao lavadoiro situado a 30m. da fonte.
Outras fontes na mesma parroquia

- Fonte dos Anxos
- Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946

- Fonte do Mexote
- A Fonte do Mexote, está situada a 10m. do lavadoiro, ten estrutura pentagonal e mide 1,40m. de alto e 1m. de ancho. C

- Fonte do arrueiro
- Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro, baixando por un carreiro dende a estrada, e a carón do lavadoiro es

- Fonte do Penso
- Penso = Lugar inclinado. Na rúa do Penso e case confundida co cómaro, atopamos esta fonte da que so queda unha peq