Lavadoiro de San Vitorio

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

O Lavadoiro de “San Vitorio” debe o seu nome ao Santo do lugar. Chegamos ao lavadoiro baixando por un carreiro a unha zona de vexetación moi tupida e de difícil acceso. Situado a uns 8 m. da fonte, ten figura rectangular totalmente descuberto; mide 7,45m. de largo e 3,15m. de ancho. Na actualidade está semiderrubado, e no seu recinto cuberto de lodo, so medran herbas. Ao seu carón discorre o rio de San Vitorio.
Lavadoiro e Fonte eran propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Moi difícil
Parroquia: 
Santiago de Franza

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro de Xuncedo
Xuncedo: Lugar onde hai moito xunco (Palabra latina).
Lavadoiro de Noville
Preto do xacemento romano de Noville, está situado o Lavadoiro do mesmo nome o “Lavadoiro de Noville” . De construción
Lavadoiro de Boado
Boado: Sitio encharcado, xunqueira (palabra celta). Un dos lavadoiros en mellor estado de conservación é o Lavadoiro
Lavadoiro do Arrueiro
Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro baixando por un camiño á beira da estrada, está o lavadoiro do lugar