Fonte dos Bailós

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Situada no Baño, no camiño dos Bailós, ten unhas dimensións de 1,42m. alto e 1,20m. de ancho. Dende o exterior, cuberto de maleza, e baixando 4 chanzos chegamos a un recinto rectangular anegado e cuberto de plantas acuáticas.

A auga que baixa a esta fonte ven dende un depósito situado a 30m.; na actualidade está cheo de lodo e completamente obturado, polo que o único cano que ten a fonte apenas bota auga.

Sabemos polos vellos do lugar que antigamente no “Pazo do Baño” tamén coñecido como “Pazo das Condesas”, os condes organizaban festas e bailes; os veciños/as dos lugares próximos bailaban no camiño, polo que comezaron a chamarlle camiño dos bailós, e posteriormente cando se constrúe a fonte, coñeceuse como a “Fonte dos bailós”

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido.
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte do Loureiro
Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous ca
Fonte dos catro canos
Situada no casco urbano, no Cano da Rúa. Obviamente o nome de ”Fonte dos 4 canos” débese ós 4 canos que ten a fonte e
Fonte do Cuco
No lugar das Viñas (O Baño), e a carón do lavadoiro está a “Fonte do Cuco”. Ata a segunda metade do século XX esta fonte
Fonte do Esteiro
Na enseada do Esteiro e como foi habitual na fisonomía do derradeiro século no noso Concello, fonte e lavadoiro van col