Fonte de Pontellas
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Pontellas: Pontes pequenas e estreitas de madeira ou pedra para cruzar regatos.
Situada no lugar de Pontellas(Roibeiras), na estrada que vai á Queira. Os veciños dos lugares próximos colleron auga desta fonte dende moi antigo.
Collían auga directamente do manancial, a través dun oco practicado na cara frontal da fonte, pero na actualidade está moi abandonada, cuberta de silveira, fieitos etc. e está completamente seca.
Moi preto había un muíño do que só queda unha quenlla de pedra por onde chegaba a auga ó muíño, algunhas pedras e a roda do muíño.
Na estrada da Queira e moi preto da fonte había un lavadoiro, pero na actualidade non quedan vestixios do mesmo, nin auga nin as pedras do lavadoiro.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte do Loureiro
- Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous ca
- Fonte do Pixigo
- Pixigo = vulgarismo. O casco urbano é a situación desta fonte, na rúa do pixigo. Construída en granito, ten unhas medi
- Fonte dos catro canos
- Situada no casco urbano, no Cano da Rúa. Obviamente o nome de ”Fonte dos 4 canos” débese ós 4 canos que ten a fonte e
- Fonte do Fero
- Moi pretiño do lavadoiro, no lugar do Fero en Simou, atopábase a “Fonte do Fero”, e ao igual que o lavadoiro soio queda