Fonte do arrueiro
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Arrueiro: Grupo de casas na aldea.
No Arrueiro, baixando por un carreiro dende a estrada, e a carón do lavadoiro está a Fonte. Construída no ano 1967, ten un so cano polo que verte abundante auga no tempo de choiva. O corpo central e rectangular de 1,40m. de alto e 1,12m. de ancho.
Pintada de branco, o seu estado de conservación e bo aínda que fonte e lavadoiro necesitan un plan de conservación (igual que outros/as do Concello), para que nos vindeiros anos o deterioro de ámbolos dous non sexa irreversíbel.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte de Pedras Albas
- Situada a 100m. do lavadoiro de noville, a fonte de “Pedras Albas” recibe o seu nome porque é zona de pedras brancas,
- Fonte dos Anxos
- Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946
- Fonte de San Vitorio
- Igual que o lavadoiro e situada a 8 m. deste, recibe o nome do Santo do lugar, “Fonte de San Vitorio”. O estanque de 1,
- Fonte do campo do rio
- Situada no lugar do campo do rio, do que recibe o seu nome. Chegamos a esta fonte polo camiño que vai dende o Seixo at