Fonte de San Vitorio
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Igual que o lavadoiro e situada a 8 m. deste, recibe o nome do Santo do lugar, “Fonte de San Vitorio”. O estanque de 1,57x0,96m., está construído en cemento e cuberto cunha lousa de 1,72x1,23m. A través do burato podemos comprobar que esta fonte segue tendo unha auga fresca , limpa e moi abundante, de 0,50m. de profundidade.
Mantense en bo estado de conservación aínda que de moi difícil acceso porque está situada nunha zona de moito desnivel e cuberta de maleza.
Esta fonte era propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten.
Outras fontes na mesma parroquia

- Fonte do campo do rio
- Situada no lugar do campo do rio, do que recibe o seu nome. Chegamos a esta fonte polo camiño que vai dende o Seixo at

- Fonte do arrueiro
- Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro, baixando por un carreiro dende a estrada, e a carón do lavadoiro es

- Fonte dos Anxos
- Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946

- Fonte do Vilar
- No Vilar ata hai uns anos podiamos achegarnos a esta fonte de construcción rectangular e un burato de acceso ao estanque