Fonte de San Vitorio

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Igual que o lavadoiro e situada a 8 m. deste, recibe o nome do Santo do lugar, “Fonte de San Vitorio”. O estanque de 1,57x0,96m., está construído en cemento e cuberto cunha lousa de 1,72x1,23m. A través do burato podemos comprobar que esta fonte segue tendo unha auga fresca , limpa e moi abundante, de 0,50m. de profundidade.
Mantense en bo estado de conservación aínda que de moi difícil acceso porque está situada nunha zona de moito desnivel e cuberta de maleza.

Esta fonte era propiedade de “Carmita Bayolo” e segundo os veciños dounos á parroquia, aínda que non hai documentación que o acrediten.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Moi difícil
Parroquia: 
Santiago de Franza

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte de Pedras Albas
Situada a 100m. do lavadoiro de noville, a fonte de “Pedras Albas” recibe o seu nome porque é zona de pedras brancas,
Fonte de Xuncedo
A “ Fonte de Xuncedo”, construída no ano 1951 no lugar de Xuncedo (O Seixo), ten estrutura rectangular de 1,35m. de lar
Fonte do Vilar
No Vilar ata hai uns anos podiamos achegarnos a esta fonte de construcción rectangular e un burato de acceso ao estanque
Fonte dos Anxos
Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946