Fonte de Xuncedo

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

A “ Fonte de Xuncedo”, construída no ano 1951 no lugar de Xuncedo (O Seixo), ten estrutura rectangular de 1,35m. de largo e 1,30m. de ancho.
Para achegarnos a esta fonte, collemos unha senda peonil dende a marxe dereita da estrada Mugardos-O Seixo, e podemos baixar por calquera das dúas escaleiras laterais de 9 chanzos cada unha. Verte auga por dous canos a distinto nivel; está pintada de branco e en bo estado de conservación. Seguindo a mesma senda chegamos ao lavadoiro situado a 30m. da fonte.

Datos de Interese
Ano de construción: 
1951
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
Santiago de Franza

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte de San Vitorio
Igual que o lavadoiro e situada a 8 m. deste, recibe o nome do Santo do lugar, “Fonte de San Vitorio”. O estanque de 1,
Fonte dos Anxos
Como reza na inscripción da propia fonte “Fuente de los Angeles”, e en galego ” Fonte dos Anxos”. Construida no ano 1946
Fonte de Pedras Albas
Situada a 100m. do lavadoiro de noville, a fonte de “Pedras Albas” recibe o seu nome porque é zona de pedras brancas,
Fonte do Penso
Penso = Lugar inclinado. Na rúa do Penso e case confundida co cómaro, atopamos esta fonte da que so queda unha peq