Fonte de San Antonio

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Do patrón de Simou (San Antonio), leva o nome esta fonte, situada no lugar do Souto, a 30m. do lavadoiro e o bebedoiro . Accédese baixando unha escaleira de 6 chanzos. Mide 1,60x1,60m., rematada nun arco semicircular. Na actualidade esta fonte non existe porque hai 7 anos foi derrubada sen motivo algún, e un anaquiño do noso patrimonio desapareceu para sempre.
Foi construída no ano 1957 grazas a un convenio do Concello coa Deputación, por un importe de 3.833,47 Ptas. O Concello participou co 55% do orzamento máis o 8% de beneficio industrial. A Deputación de A Coruña aportou o 45%. do orzamento.
Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos.

Datos de Interese
Ano de construción: 
1957
Estado de conservación: 
Desaparecido
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outras fontes na mesma parroquia

Fonte do Pozo
A trinta metros do lavadoiro e nunha zona moito máis elevada e de difícil acceso pola abundante vexetación no entorno,
Fonte da Pereta
Na Barrosa (Roibeiras) atópase unha das fontes máis fermosas do noso Concello, “A Fonte da Pereta” Mantén a construción
Fonte do Loureiro
Localizada na Avenida do Mar (O Peirao). Construída con bloques de granito rectangulares, bota auga por dous ca
Fonte da Redonda de Abaixo
Situada na Redonda de Abaixo, recibe o nomedo lugar no que se atopa. Do mesmo xeito que o lavadoiro, situado ao seu car