A Cultura da Auga é un catálogo dixital aberto das fontes e lavadoiros do Concello de Mugardos, todos eles, documentados, clasificados e xeolocalizados empregando mapas libres.
Ao tratarse dun catálogo dixital aberto, o acceso aos datos non está restrinxido únicamente á súa visualización neste sitio web. O acceso aos datos en distintos formatos é libre e gratuíto.
A Cultura da Auga é un proxecto libre. A súa base tecnolóxica e os seus contidos: mapas, imaxes, documentos, xestor de contidos, etc. están liberados baixo licenzas libres.