Fonte do Casal
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Situada no lugar de “O Casal”, en Mugardos, está a 80m. do lavadoiro. Unha inscrición na parte frontal dificilmente visible, data a súa probable construción no ano 1883. O auga cóllese directamente do manancial a través dun burato de 0,69x0,69m. medida exterior, e de 0,48x0,39m. polo interior. Cuberta na súa totalidade de hedras, na actualidade está abandonada, polo que tivemos que rozar na parte frontal para poder achegarnos á fonte.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte da Rega
- A fonte da Rega, está situada fronte ao parque da Rega, a 70m. do lavadoiro do mesmo nome. Esta fonte ten unha antigüid
- Fonte vella
- A Fonte Vella está localizada no lugar de Esteirón, na parroquia de Meá. Os veciños maiores do lugar nos comentan que na
- Fonte da Barca
- Na Barca (Meá), a 5m. do lavadoiro situamos a” Fonte da Barca”. A herba cubre totalmente o carreiro que conduce ao re
- Fonte do Roufeiro
- Reguengo: Patrimonio real (Palabra de orixe latino). No Reguengo (Rilo), na parroquia de Meá, situamos a “Fonte do Ro