Fonte vella
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
A Fonte Vella está localizada no lugar de Esteirón, na parroquia de Meá. Os veciños maiores do lugar nos comentan que na primeira metade do século XX xa collían auga nesta fonte.
Hai que baixar 3 chanzos para acceder a un recinto de 3,20m.x2,40m., cuberto de abundante vexetación. O estanque ten forma rectangular, recuberto por unha lousa de 1,26m. de largo e 1,06m. de ancho.
Unha inscrición gravada na parte frontal superior, nos indica que esta antiga fonte foi reformada no ano 1963, para evitar o desborde da auga.
Outras fontes na mesma parroquia
- Fonte do Roufeiro
- Reguengo: Patrimonio real (Palabra de orixe latino). No Reguengo (Rilo), na parroquia de Meá, situamos a “Fonte do Ro
- Fonte da Rega
- A fonte da Rega, está situada fronte ao parque da Rega, a 70m. do lavadoiro do mesmo nome. Esta fonte ten unha antigüid
- Fonte do Casal
- Situada no lugar de “O Casal”, en Mugardos, está a 80m. do lavadoiro. Unha inscrición na parte frontal dificilmente visi
- Fonte da Barca
- Na Barca (Meá), a 5m. do lavadoiro situamos a” Fonte da Barca”. A herba cubre totalmente o carreiro que conduce ao re