Lavadoiro da Pita
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Pita: Camiño na elevación do terreo.
O Lavadoiro da Pita (O Baño) e o claro exemplo de lavadoiro tradicional, Os veciños aproveitaron un lugar onde houbera auga, neste caso a que baixaba dun regato, para estancala con terróns e pedras; unha lousa ou unha táboa, servía para lavala roupa.
Posteriormente os veciños do lugar puxeron cartos para a compra dos materiais e por suposto, a man de obra, e amañaron o lavadoiro, empregando material de granito.
Cando nos achegamos a este lavadoiro estaba moi ben conservado (imaxe de arriba, ano 2006). Agora 8 anos despois, atopámolo nun estado lamentábel.
Outros lavadoiros na mesma parroquia

- Lavadoiro do Fero
- No lugar do Fero en Simou e a carón da fonte do mesmo nome, localizamos este lavadoiro do que apenas quedan vestixios ,

- Lavadoiro do Esteiro
- Lavadoiro do Esteiro: De construción rectangular de 7x5m.; 10 columnas sustentan o teito a dúas augas de uralita que

- Lavadoiro da Redonda de Abaixo
- Ano 1742, segundo a inscrición que figura no lavadoiro. Durante a República, os veciños solicitaron ó Concello a remodel

- Lavadoiro de San Antonio
- Como a fonte atópase este lavadoiro no lugar do Souto e tamén leva o nome do santo do lugar. Antigamente estaba descube