Lavadoiro de San Antonio

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

Como a fonte atópase este lavadoiro no lugar do Souto e tamén leva o nome do santo do lugar. Antigamente estaba descuberto pero no ano 1957, o convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña, facilitou que se acometese unha obra de reforma:
“Fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m. en cemento liso, e un muro de contención contra un terreo. O importe total das obras desenvolvidas foi de 12.939,13 ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos”.
Dentro deste convenio construíuse un bebedoiro para os animais a carón do lavadoiro, por un importe das obras de: 2.692,58 Ptas.

Datos de Interese
Ano de construción: 
Descoñecido. Reformado no ano 1957.
Estado de conservación: 
Malo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Xiao de Mugardos

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro do Pozo
No cruce da Redonda coa estrada de Montefaro atopamos o Lavadoiro do Pozo, en bo estado de conservación e totalmente de
Lavadoiro do Esteiro
Lavadoiro do Esteiro: De construción rectangular de 7x5m.; 10 columnas sustentan o teito a dúas augas de uralita que
Lavadoiro da Redonda de Abaixo
Ano 1742, segundo a inscrición que figura no lavadoiro. Durante a República, os veciños solicitaron ó Concello a remodel
Lavadoiro das Viñas
O lavadoiro das Viñas está situado a carón da fonte do Cuco, no lugar das Viñas. De pequenas dimensións 3x2,60m., const